Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Meis
Parroquia: A Armenteira (Santa María)
Lugar: Silván
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Peto de tipo pechado, que mostra fornela dobre, coroada por un pináculo na parte alta de liña media. Cada unha das fornelas tiña un retablo de azulexo, pero agora soamente conserva restos deste na fornela esquerda, desaparecendo totalmente os da dereita. Presenta inscricións inseridas en bandas, en idioma portugués, no que aparece a data de 1819. A inscricion di:
“CAMINHA O SALVADOR DO MUNDO
PELA CALLE DA AMARGURA. 1819”
Por debaixo do retablo podemos ler: “ACORDAOS ERMANOS”

Ao seu carón atópase o cruceiro de Silván, xunto co que fai un curioso conxunto.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao. “Cruces, cruceiros e petos do Concello de Meis”


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4775007142
Lonxitude: -8.73081833124
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84