Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Meis
Parroquia: A Armenteira (Santa María)
Lugar: Silván
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro no muro ao pé da estrada de Silván. Consta dunha base cadrada coas arestas rebaixadas. Nunha das caras da base atópamos unha inscrición case ilexible que di o seguinte:
“DEVOCION
ANTº ABAL
Y SU MUGER IGN
MUNIZ
AÑO 1816”

No varal, de forma octogonal, aparecen representados Adán e Eva no Paraiso xunto a unha serpe de grandes dimensións. Na cara oposta as esculturas de dous relixiosos (puideran ser San Ignacio de Loiola na honra de Ignacia Muñiz; debaixo semella ser Santo Antonio de Padua).
O capitel é de tipo xónico, con volutas e caras, que da paso a unha cruz de sección circular coas representacións do Cristo crucificado cun anxo recollendo o seu sangue cun cáliz. No reverso aparece a Virxe con dous anxos na parte superior; aos seus pés, os símbolos da paixón: dobre coroa, corazón, martelo, tres cravos e a xerra do vinagre.

Ao seu carón atópase o peto de ánimas de Silván (http://patrimoniogalego.net/index.php/50608/2013/10/peto-de-animas-de-silvan-2/), os cales fan un curioso conxunto.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

A un dos anxo que aparece coa Virxe lle falta o pé. Segundo me sinala Isaac González García, o teñen gardado os propietarios para cando a ocasión sexa propicia a colocarllo.


Referencias bibliográficas:

FERNANDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao. “Cruces, cruceiros e petos do Concello de Meis”


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4775175293
Lonxitude: -8.73080760241
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84