Outra fotografía:

Tipo de ben: Eira,
Concello: Xunqueira de Ambía
Parroquia: Armariz (San Salvador)
Lugar: Os Casares
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

A eira é un espazo aberto singular na aldea de Os Casares polos canastros situados na parte central e outros na parte baixa, rodeados hoxe de pavimento de asfalto.
O terreo e inclinado, e nel pódense ver media ducia de canastros, tres de eles de tipoloxía mixta (pedra e madeira) e outros tres solo de madeira, de un e dous claros de capacidade , sendo os pes de todos de pedra e mais os tornarratos.

O canastro mais abundante nestas terras é, seguindo a clasificación de Ignacio Martinez, o das terras orientais, de tipoloxía mixta (pedra e madeira), e única (madeira), con ou sen celeiro, segundo o caso.
O canastro tradicional desta comarca, sen dúbida o maior expoñente etnográfico e artístico destas terras, érguese maiormente sobre unha soleira empedrada ou aterrada nos mais dos casos. Sobre esta superficie sitúanse os pés, uns elementos compostos por unha breve columna de sección cuadrangular con arestas biseladas, rematada nun tornarratos con forma rectangular de pedra e con cabezas redondeadas, se son enteirizas, ou totalmente redondas, se son independentes os de cada pé, e que ten por obxecto imposibilitar o acceso dos roedores á cámara.
O número de pés varia en función do longo da cámara, sendo a media ducia o exemplo máis habitual.
A cámara é o elemento principal de este tipo de edificación. De planta rectangular, pode estar estruturada en un, dous, tres, catro, cinco e ata seis claros, que son como se denominan aos treitos de parede de madeira ou cantería, separados entre si por trabes pétreas verticais , que dividen o lateral dos canastros.
Os costais, onde nas mais das ocasións se sitúan os accesos a este peculiar almacén, péchanse cunha serie de táboas en sentido vertical, reforzadas horizontalmente con faixas, que deixan físgoas de entre 1 e 2 cm de apertura para permitir o paso a o vento que a de secar o gran.
Pola súa parte o frontal ou penal, pode estar configurado indistintamente polo mesmo modelo anterior, ou ben con un simple muro de perpiaño, no que tamén é posible ubicar un van no que instalar a porta de entrada.
En ocasións a construción remátase cunha armazón de madeira que soporta un tellado a dúas augas, case sempre de tella curva, ornamentado cunha cruz e un pináculo ou bico na cumieira, a xeito de símbolos de carácter profiláctico ou laudatorio.
Os canastros ourensáns sitúanse nos lugares mais elevados dos eirados, ademais de sobre os valados que pechan estes, e mesmo sobre camiños, practicando sobre estes unha especie de ponte a xeito de portalón ou entrada.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/XUNQUEIRADEAMBIA/documents/25651ca007.pdf (P.1)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2316155896
Lonxitude: -7.76708185673
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84