
Outra fotografía:

Tipo de ben: Escudo / Epígrafe, Pazo / Casa Grande,
Concello: Xunqueira de Ambía
Parroquia: Armariz (San Salvador)
Lugar: Os Casares
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Casa grande de pedra con patio ao que se accede a través de un portón rematado en lintel de granito coroado co escudo de armas dos Losada de Cardóniga e unha cruz sinxela.
A portada é de 1778, e a casa debe ser anterior, relacionada coa castimonia dos Feixoo, Soutelo, Puga Lousada, Enríquez e Cadórniga.
O escudo de boa factura, partido en catro sobre bordura vexetal de macollas e con elmo ollando a destro empenachado, amosa:
No primeiro con cuarto armas de Enríquez (castelo no 1º, león no 4º), no segundo as de Lousada e Puga (lousa sobre tres lagartos, caldeiro e puga ou espora); no terceiro armas de Feixoo (espada partindo roeles, tres a cada lado).
O escudo está rematado por cruz sinxela de pedra, e flanqueado por dúas pirámides de catro caras sobre base cadrada, todo en granito e colocado enriba dunha moldura que recubre o lintel da portada.
A porta carral e de dobre folla, por ela accedese a un pequeno patio que da acceso a casa.
Lousada Cadórniga procede da casa soar en Roiriz a beira de Allariz. Antonio Diaz de Cadórniga é o que no ano 1555 reconstrúe a ponte de Allariz derruida por unha enchenta de auga.
O apelido provén de Lousada, Carballedo, Lugo, espallándose por Ourense, Pontevedra e mesmo Portugal.
Informacion: Elixio Rivas Quintas – Notas de Nobiliaria da Alta Arnoia
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/XUNQUEIRADEAMBIA/documents/25651ca006.pdf (P.7)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.232133933Lonxitude: -7.76583194733
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84