Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Deza (comarca) / Vila de Cruces
Parroquia: Camanzo (San Salvador)
Lugar: Camanzo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Do antigo mosteiro de Camanzo só vemos hoxe a igrexa e as tres arcadas da sala capitular. Foi fundado por don Gonzalo e dona Teresa, condes do Deza, no lugar onde antes había unha ermida en honor de San Martiño, alá polo século X, ao igual que o mosteiro de Carboeiro. Xa aparece citado nos séculos XII e XIII, e no XIV foi incorporado ao mosteiro de Antealtares. Sobre o cenobio primitivo debeuse levantar a igrexa, na época de maior esplendor, segunda metade do século XIII. A igrexa monacal que chegou ata a actualidade é de planta basilical con tres naves e tres ábsidas, sendo a nave do medio máis alta que as outras. As naves divídense con piares rectangulares con columnas acaroadas que sosteñen os arcos formeiros. Os capiteis románicos levan motivos xeométricos e florais. Parte da bóveda do presbiterio está cuberta con pinturas do século XVI pertencentes á escola compostelá e que quedaron ao descuberto tras anos detrás dos retablos. A fachada sufriu reformas e xa non se poden ver os rosetóns que tiña orixinariamente, pero conserva a porta de dobre arquivolta adornada con figuras xunto a un par de columnas con anxos e o San Salvador bieito no alto. Ao lado dereito da fachada elévase a torre do campanario con planta e desenvolvemento cadrado e con ocos de arcos de medio punto para as campás, rematado en tellado a catro augas con beirado de cornixa voada.
As tres ábsidas presentan distinta planta ao interior que ao exterior. A central é rectangular no interior pero ten forma de ferradura cara ao exterior, está dividida en tres tramos, abríndose en cada un deles unha ventá. Os laterais, interiormente de ferradura e exteriormente semicirculares, teñen tamén ventás semicirculares, cun par de columnas e arquivoltas.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VILADECRUCES/documents/1002CA001.pdf (pax 7 de 9)
Webs
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2007/10/24/san-salvador-de-camanzo-unha-visita-ao-patio-das-marabillas/

http://www.arquivoltas.com/11-Galicia/01-Camanzo1.htm
https://es.wikipedia.org/wiki/Iglesia_de_San_Salvador_de_Camanzo


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7945897645
Lonxitude: -8.3211350441
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84