Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Santa Comba / Xallas (comarca)
Parroquia: Fontecada (San Martiño)
Lugar: A Pallota
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O que debeu ser un castro con dúas grandes terrazas pola banda oeste, coas defensas e muros moi visibles sobresaíndo da contorna ata fai pouco tempo, segundo os veciños da zona, está hoxe case desfeito. Podemos apreciar ben na foto do voo americano do 1956 o que debía ser a súa configuración, aínda que xa estaba modificado polas labores agrícolas. Os traballos de reparcelación agraria e a apertura de pistas deixaron só a croa do castro, pero está foi modificada e case non se aprecian as defensas debido as agresión sufridas polos movementos de terra. Está a 342 m. de altitude e nunha estremeira leste da penichán na que se sitúan os concellos de Mazaricos e Santa Comba no seu límite con Negreira. Pola banda nordés ten unha gran pendente cara un pequeno val polo que discorre un regueiro, e que podemos apreciar na foto principal que acompaña a esta ficha. A croa, de forma ovoide, tería uns 130 metros no seu lado máis longo e na ortofoto do 56 apréciase unha entrada pola banda sur, atravesando unha das terrazas ou antecastros. Está a 1,8 km ao nordés do asentamento do Cornado e a mesma do castro de Castroverde, ao sueste, cerca de Espesedo. Estes últimos pertencerían ao concello de Negreira.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta: GA15077030
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SANTACOMBA/documents/0356CA006.pdf (pax 8 de 17)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9774469406
Lonxitude: -8.84931564331
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84