Outra fotografía:
Tipo de ben: Escudo / Epígrafe, Vía/Estrada/Camiño histórico,
Concello: Mos
Parroquia: Guizán (Santa María)
Lugar:
Outra denominación do ben: O Marco // Anta de Maniola
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:
Este marco é o único que se pode visitar in situ en toda a provincia de Pontevedra. Formaba parte da vía XIX que unía Braga con Astorga, pasando por Lugo, sendo erixido entre os séculos I e III d. C. M. Piñeiro atribúello a Traiano (século II da era cristiá).
A primitiva inscrición romana foi moi maltratada, pois o miliario presenta cazoletas e cruces gravadas na Idade Media ou na Idade Moderna.
Este miliario coñecíase na Idade Media polo nome de Anta de maniola, nome que ven do val que alí comeza. Frei Martín Sarmiento describiuno como un marco de división, cando pasou en mula polo seu lado en 1745.
En 1931 foi adquirido pola Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra. A pesar de que fixeron unha réplica para substituílo, no momento en que os señores Sampedro Folgar, Filgueira Valverde, Novas e o gobernador civil D. Angel del Castillo intentaron permutalo para levar o orixinal ó museo, os veciños fixeronlle fronte, manifestando que “o Marco non se movía de alí”. De nos ser polo primeiros, a garda civil tería cargado contra os veciños. O señor Sampedro manifestou entón que “ben está, sigan defendendo a pedra e non deixen que a leve calquera mercachifle”.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
O miliario en cuestión é obxecto de prácticas supersticiosas. Os veciños gárdanlle tanta fe que se santigan cando pasan ó lado del. Considerouse este miliario como dador de sorte, profiláctico e fonte de fecundidade. As mulleres estériles fregaban o ventre contra a pedra co obxecto de seren fértiles.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MOS/documents/0836CA001.pdf (Páxina 2)
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/search?q=miliario
http://onosopatrimonio.blogspot.com/2011/07/romanizacion-de-galizagalicia-provincia_9.html
http://www.ipdca.com/internovas/historias/miliarios/cuerpo_miliarios.htm
http://turismodepontevedra.blogspot.com.es/2008/01/va-romana-xix-punto-de-encuentro.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2296017552Lonxitude: -8.61098796129
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84