Outra fotografía:

Tipo de ben: Ponte,
Concello: Ourense
Parroquia: Ourense
Lugar: Ourense
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

A Ponte Nova de Ourense atópase situada augas arriba do Romano, a 450 metros de distancia. A historia da ponte comeza en 1895 cando o deputado en Cortes D. Vicente Pérez inicia as xestións para a realización dun proxecto de construción dunha nova ponte sobre o río Miño.

No ano 1910, comezaron os estudos e traballos para a construción da Ponte Nova. A obra encargóuselle ao enxeñeiro Martín Díaz de la Banda, quen fixo un traballo espectacular, e moi innovador para a súa época. Dirixiu as obras até 1916, data a partir da cal se responsabilizou D. Manuel Fernández García. A ponte é dun belo estilo modernista, de trazo airoso, sinxelo e con unidade estética.

A inauguración tivo lugar o 31 de Maio de 1918, co que se conseguía facilitar e mellorar a comunicación das dúas beiras do Miño.

A ponte consta de seis arcos de sillería e un tramo central metálico de arco parabólico. A disposición, de esquerda a dereita (de Sur a Norte), é de tres arcos de medio punto de 12 metros de luz, seguido dun arco carpanel de 25 metros de luz. Unha vez salvado o río por medio do arco metálico, de novo dous arcos, un carpanel e outro de medio punto.

A pedra utilizada na fábrica da ponte procedía do próximo lugar de Outariz, e foi labrada por canteiros de Cotobade (Pontevedra) baixo a dirección de Díaz da Banda. A ponte está ornamentada con pilastras decoradas e adosadas aos piares dos arcos carpaneis, rematados na parte superior cuns farois de fundición realizadas polo obradoiro Iglesias de Madrid.

Constituíu un dos monumentos ourensáns modernos de maior significado e ergueuse como símbolo do progreso, da expansión, iniciada nos finais do século XIX, a partir da construción do edificio Siméon. Tal foi o impacto, na altura, que esta ponte tivo, que Ourense, a cidade das Burgas, tamén se pasou a chamar a cidade das Pontes. Alén do impacto, esta obra, veu dar aos ourensáns mais carácter e orgullo, un selo inconfundíbel, unha especie de contrapunto entre a cidade antiga (das Burgas) e a cidade moderna (da Ponte Nova).

Louvárona Risco, Cuevillas e Luís Trabazo. Dicían: «A Ponte Nova é obra modernista, de pedra e ferro, obra preciosa e elegante, con amplos pilares de bela curvatura modernista e o seu arco central estendido como unha “ballesta” sobre as augas “cantariñas” do río Miño».

Información: ourensenotempo.blogspot.com.es – andanhos.blogs.sapo.pt


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/OURENSE/documents/0455CA045.pdf (P.50)

http://ourensenotempo.blogspot.com.es/2008/12/construccin-da-ponte-nova.html
http://www.ourense.es/portalOurense/fdes_d4_v1.jsp?tipo=6&codMenu=70&codMenuSegundoNivel=37&contenido=2165&codMenuPrimerNivel=3&nivel=1400&language=gl
http://www.panoramio.com/photo/45654915
http://trestrisqueles.blogspot.com.es/2010/10/el-puente-de-hierro.html
http://3.bp.blogspot.com/_hIKxXyp3ieg/TMCySHQOJII/AAAAAAAABZs/7cM7aD-MFJA/s640/construccion+puente+nuevo.jpg
http://www.puentemania.com/wp-content/uploads/2012/01/Ponte-Nova-Ourense-Orense.jpg
http://andanhos.blogs.sapo.pt/tag/ourense+-+aproxima%C3%A7%C3%A3o+ao+desenvolvimento


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3473010098
Lonxitude: -7.86367893219
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84