Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Tomiño
Parroquia: Barrantes (San Vicente)
Lugar: O Mosteiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

No adro da igrexa de San Vicente de barrantes atópase este cruceiro de tipo crucifixo que se ergue sobre dous chanzos, un deles baixo terra, e un baseamento cadrado coas arestas rebaixadas e con inscricións case ilexibles. Ten un varal octogonal e cadrangular recadrado na súa parte inferior, no que destaca a imaxe de San Lourenzo coa grella na man. O capitel é de tipo xónico e da paso a unha cruz latina de sección cadrada e moldurada. No anverso sitúase Cristo crucificado baixo cartela de INRI, e no reverso a Virxe sobre peaña co seu fillo no colo.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

REFERENCIA WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/3605406.html

BIBLIOGRAFÍA
VV.AA. CRUCES, CRUCEIROS E PETOS DAS PARROQUIAS DE SAN VICENTE DE BARRANTES E SANTA MARÍA DE PINZÁS (TOMIÑO – PONTEVEDRA). IX CONGRESO GALEGO DE CRUCEIROS”. Ed: Asociación de Amigos dos Cruceiros, Cruces de Pedra e Petos de Ánimas.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0150755523
Lonxitude: -8.76308262348
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84