Outra fotografía:

Tipo de ben: Obradoiro artesanal tradicional,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Ponte Ambía (Santa María)
Lugar: Ponte Ambía de Abaixo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

A pedra de ferrar servía para domear a ferra que recubria as rodas de madeira dos carros. Consta de dous perpiaños de granito colocados un enriba do outro, tendo o superior forma semicircular, con un canal para encaixar a ferra e poder darlle a forma redonda.

Na parte superior ten cravado un ferro que permitía ir amarrando a ferra para dobrala, así como uns buratos polo lateral.

Unha vez feita a forma e unidos os dous extremos, a ferra pasaba a un foso onde se quentaba para que dilatara e logo colocábase sobre a roda de madeira, e enfreábase para que o contraer quedara apertada sobre a madeira da roda. Este proceso é ferrar ó lume.

Con este recubrimento de aceiro, a roda gañaba en resistencia, sendo moito mais duradeira.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2246165436
Lonxitude: -7.72100687027
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84