Outra fotografía:

Tipo de ben: Reitoral,
Concello: Gondomar
Parroquia: Vincios (Santa Mariña)
Lugar: Ervillás
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Esta Casa Reitoral sitúase enfronte da Igrexa parroquial de Santa Mariña de Vincios (http://patrimoniogalego.net/index.php/29219/2012/11/igrexa-de-santa-marina-de-vincios/).
A edificación posúe planta en forma de L irregular, realizada con muros de cachotería e encintado. A cuberta é a dúas augas en tella plana e curva.
Consta de dous andares con pequenos vans de forma rectangular nos seus paramentos.
Pechando o conxunto érguese un muro de cachotería con acceso mediante un portal adintelado e coroado por unha cruz de sección rectangular, flanqueada por almeas.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

A Comunidade de Montes de Vincios rehabilitará esta reitoral para convertila en Casa Forestal de uso veciñal. (ver referencia bibliográfica)


Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://pxom.concellodegondomar.info/PXOM/09-CATALOGO/FichaPlanoEtnoArq/EtnoArq6.pdf (Ficha 10.04 – páxinas 7 e 8)
No PXOM do ano 1997 do Concello atopamos catalogado a porta ameada da Casa Reitoral: http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GONDOMAR/documents/0788CA009.pdf (Páxina 36)
http://vincios.org/casa-reitoral/

Rehabilitación da Reitoral (25 de xuño de 2021)
https://galego.farodevigo.es/comarcas/2021/06/25/historica-rectoral-vincios-sera-casa-54290944.html

BIBLIOGRAFÍA
SOLIÑO TRONCOSO, Antonio (2018). Percorridos polo patrimonio cultural da vila e concello de Gondomar de Miñor. Ed: IEM – Instituto de Estudos Miñoráns


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1443975328
Lonxitude: -8.72820183635
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84