Outra fotografía:

Tipo de ben: Vila romana, Obradoiro artesanal tradicional, Industria,
Concello: Vigo
Parroquia: Vigo Centro
Lugar: Rúa Rosalía de Castro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:

Os restos arqueolóxicos conservados neste lugar pertencen a unha salina mariña de evaporación de época romana que estivo en funcionamento durante os séculos I-II d. C. e que se dedicou á produción de sal a grande escala.
O conxunto recuperado e visitable consta duns 300 m2 dun total de 10.000 m2 aproximadamente.
O funcionamento desta salina consistía na concentración de auga de mar en grandes estanques onde se producía a evaporación, provocando a cristalización do cloruro sódico e a aparición do sal. Eses estanques están distribuídos en intervalos regulares e dispostas a distinto nivel, o que obrigaba a realizar un remonte da auga cara os cristalizadores situados nos puntos máis altos. O remonte da auga facíase probablemente de forma manual.

A auga do mar pasaba por tres áreas principais ata conseguir a cristalización final:
* o depósito ou decantador, onde se almacenaba e decantaba a auga salobre liberándose dos distintos materiais que levaba en suspensión.
* As zonas de evaporación, nas que por exposición ao sol e o vento aumentaba a concentración salina.
* Os cristalizadores, onde se producíaa a máxima concentración de cloruros de sodio ata a cristalización do sal.

O proxecto arquitectónico que se fixo para a recuperación da salina plantexou un acceso ao xacemento a través dunha caixa de vidro e metal que conten un elevador panorámico e unhas escaleiras para salvar os sete metros de profundidade aos que se atopan as salinas.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: EquipamentoOutros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www-museodomar.xunta.es/salinae/
http://arqueovigo.blogspot.com.es/2009/04/visita-las-salinas-romanas-del-areal-de.html
http://www.turismodevigo.org/es/salinae


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.238175994
Lonxitude: -8.71756955981
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84