Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: O Porriño
Parroquia: Chenlo (San Xoán)
Lugar: As Abas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A igrexa de San Xoán de Chenlo ten portada con arco de medio punto flanqueada por pilastras e coroadas por un par de volutas, e xusto enriba unha fornela de arco semicircular con pequenas pilastras e volutas a ambos lados.
A fachada está flanqueada por pilastras e no medio atópase a espadana de dobre van, con balaustrada e volutas na cúspide.
Os muros laterais están divididos por tres contrafortes. A sancristía está adosada ao muro sur, xunto coa ábsida destacada en altura e cuberta a catro augas.
Foi construída no ano 1775 e reconstruída no 1942, logo de que unha galerna a derrubara en parte.
Esta igrexa esta situada nunha colina que, no pasado, foi un antigo castro.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/OPORRINO/documents/0898CA005.pdf (Ficha 15 – Páxina 15)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1217609583
Lonxitude: -8.66860449314
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84