Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Campo Lameiro
Parroquia: Campo (San Miguel)
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Esta gran laxe insculturada presenta principalmente tres tipos de motivos: cérvidos, combinacións circulares e antropomorfos.
Os cervos aparecen sobre todo na parte central da laxe formando unha gran manda e seguindo todos a mesma dirección cun eixo Este-Oeste. Case todos os exemplares representados son cervos machos adultos pero sen dúbida hai un que destaca do resto polo seu tamaño e pola súa esaxerada cornamenta. Este exemplar está ademais en actitude de bruar. Por outra banda, no seu interior aparecen representados dous motivos circulares.
Unicamente hai un cérvido illado do resto. Trátase doutro gran cérvido situado na parte superior da laxe, ao Este con respecto á manda.
O segundo motivo, o das combinacións circulares aparecen tanto polo medio do conxuntode cervos así como nun pequeno grupo ao Norte destes.
Os antropomorfos aparecen na parte inferior do conxunto, ao Oeste do gran grupo de cérvidos e se trata de dúas figuras aparentemente femininas e en postura de danza.
Esta estación de petróglifos,pese a non estar dentro do perímetro do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre, si que pertence ao seu ámbito de actuación, polo que o Parque é responsable do seu acondicionamento ou accesos.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.53874185786848
Lonxitude: -8.558521270751953
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84