Outra fotografía:
Tipo de ben: Eira,
Concello: Carnota
Parroquia: San Mamede de Carnota
Lugar: Canedo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
A eira do Xordo situada no lugar de Canedo é unha eira enlousada que ocupa uns 75 m2, atopándose no centro do pobo e fronte a que puidera ser a igrexa do lugar fai centos de anos.
Construído con grandes lousas de granito, perfectamente lisas e sen case oco nas xuntas, noutrora foi utilizada para a malla dos cereais.
As mallas facíanse nestes lugares acondicionados para tal fin, onde se podían recoller facilmente e para que non se estragaran os grans do cereal. Este tipo de eiras eran e son as máis duradeiras. As medidas desta eira son de 7 metros de ancho por 9 de longo pola parte norte e de 12 metros pola parte sur. A malla era unha tarefa colectiva, onde os veciños axudábanse uns a os outros. Pola parte noroeste ten un pequeno alpendre acaroado a un muro de cantería de granito, sendo unha construcción rectangular con tellado a unha auga e cuberta con plancha ondulada de fibrocemento. Eiquí sería onde se gardaría o cereal mallado, xusto pegado a eira. Para completar o conxunto, ten dúas cabaceiras de tipo “Noia” de tres pares de pés cada unha, asentados sobre unha estrutura de granito a modo de pedestal, con tornarratos circular e coa entrada situada na parte central dun dos laterais. Ningún deles presenta motivos ornamentais nos cumes do seus teitos a dúas augas cubertas con tella do país.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8455389623Lonxitude: -9.08531785011
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84