Outra fotografía:
Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Barbadás
Parroquia: Piñor (San Lourenzo)
Lugar: Rúa do Hospitaliño
Outra denominación do ben: Casa de Lemos
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
O Pazo de Piñor, tradicionalmente coñecido como Casa dos Lemos, está a escasos 3-4 quilómetros da cidade de Ourense sito entre os coñecidos como lugar das Quintas e lugar do Hospital ou Hospitaliño dentro da parroquia de San Lourenzo de Piñor. A súa orixe remóntase a primeiros do s.XVI, a partir da casa dun campesiño-medianeiro acomodado chamado Pero García de Pazos, sendo os posteriores donos os construtores da actual edificación. A fábrica que hoxe vemos ten orixe no segundo terzo do s.XVI, da que conserva varios corpos, e ten elementos que van ata os s.XVIII e XIX, sendo deste último a maior parte das dependencias agrícolas. No exterior os elementos máis salientables son as dúas chemineas, altas de delgadas, portas e o peche perimetral, que na parte baixa, pola súa pouca altura, deixa ver as fachadas interiores do edificiio. E no interior unha boa escaleira en granito feita ó gusto do barroco de placas compostelán. É salientable tamén o xardín que se conserva moi ben por estar o edificio habitado. Os actuais moradores van facendo obras de acondicionamento e rehabilitación pouco a pouco.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
“O Pazo de Piñor – Historia” de Mary Cruz Bangueses Cobelas, editado pola Deputación Provincial de Ourense. ISBN: 978-84-92554-61-4 – Dep. Legal: OU 80-2012. Estupendo estudo sobre a intrahistoria do Pazo a través de diversos documentos conservados no lugar, así como outros de Bispado, Deputacións, etc.
PAZOS DE GALICIA editado polo Colexio de Arquitectos de Galicia e aXunta de Galicia – 1992 – Autores: García Iglesias, José Manuel e outros.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.3314898535Lonxitude: -7.90220618248
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
adela suma says:
Nov 3, 2013
Coma información complementaria engado o enlace á ficha (páxina 18) do catálogo do PXOM (2002) vixente no concello:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BARBADAS/documents/0412CA003.pdf
Mary Cruz Bangueses atopou no Pazo de Piñor escritos en galego do século XVI e entronques familiares en toda Galicia - Concello de Barbadás says:
Ago 15, 2022
[…] Como elemento de gran valor patrimonial. […]
Mary Cruz Bangueses encontró en el Pazo de Piñor escritos en gallego del siglo XVI y entronques familiares en toda Galicia - Concello de Barbadás says:
Ago 15, 2022
[…] elemento de gran valor patrimonial y de interé turístico en […]