Outra fotografía:
Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Redondela
Parroquia: O Viso (Santa María)
Lugar: Soutoxuste
Outra denominación do ben: Pazo da Torre
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Pazo do que so se conserva a torre entre casas de recente construción.
O pazo conserva parte da súa muralla. A torre é hoxe unha vivenda particular. Na bodega da casa aínda se conservan diferentes elementos arquitectónicos como un arco de medio punto.
Foi propiedade de Esteban Barbeito Padrón. A súa linaxe procedía da casa de Piñeiro (Corzáns-Salvaterra do Miño). Destes Barbeito descenderon os da praza da Ferrería de Pontevedra, coa súa casa chamada “Casa de las Caras”. Outro descendente sería Antonio Mauricio Troncoso de Lira Sotomayor y Barbeito, o famoso “abade do Couto” da guerra da Independencia e defensor de Tui e Vigo.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
– “No Pazo, vivían os mouros, e desapareceron cando se fixo o Acto de animas na igrexa”.
– “Os mouros de Pazo ían xogar onde a moura peiteaba os seus cabelos”.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
PÁXINAS WEB
http://anecdotarioredondelan.jimdo.com/que-ver/arquitectura-civil/
http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/PONTEVEDRA/redondela/torresoutoxuste.html
https://gl.wikipedia.org/wiki/Pazo_de_Soutoxusto
BIBLIOGRAFÍA
Antonio Soto López. As lendas mouras na bisbarra de Redondela. GALLAECIA 9-10
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.3249436126Lonxitude: -8.61256510019
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84