Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Marín
Parroquia: Mogor (San Xurxo)
Lugar: Sete Espadas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Pequena capela adicada á Virxe das Dores, de aí o nome de Sete Espadas dado ao lugar. Foi construída, segundo algúns indicios, entre 1773 e 1775. É Un edificio moi sinxelo, sen estilo definido, de pranta rectangular, case cadrada, sen aditamentos decorativos. No alto do pincho érguese unha simple espadaina, e diante do pórtico, un soportal sobre dous piares acolle un fermoso cruceiro.

A Igrexa servíu de inspiración a Castelao para pintar un óleo sobre cartón conservado no Museu de Pontevedra, titulado “A casa do cruceiro”.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:

No interior, nun retábulo de trazas clásicas, de madeira, adobiado con columnas de orde composta consérvanse varias imaxes, que representan á Virxe das Dores, a Santa Ana e a San Bieito.


Tradición oral:

Celébrase a romería o 25 de Xullo.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.381933105004045
Lonxitude: -8.71152251958847
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84