Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Marín
Parroquia: Mogor (San Xurxo)
Lugar: Sete Espadas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Fermoso cruceiro situado baixo o pórtico da capela das Sete Espadas. Carece de data, pero hai referencias de que a talla da cruz aproveita un cruceiro anterior, sendo o varal moderno.

Aséntase sobre un só chanzo. O pedestal é baixo, sen epígrafes, e sostén un varal non moi esvelto, de sección octogonal. O capitel está decorado con catro cabezas de anxos en cada esquina, baixo volutas. Sobre o equino, cadrado, unha cruz de brazos tamén de sección cadrada sosteñen a un Cristo de liñas sinuosas e expresivas, mentres que o reverso acolle unha Virxe das Angustias agochada baixo un espeso e estilizado manto, elegante pola súa sinxeleza.

A cruz conserva restos evidentes da súa antiga policromía. O cruceiro foi obxecto de estudo por Castelao na súa obra “As cruces de pedra na Galiza”, e tamén servíu de inspiración para un dos seus cadros, “A casa do cruceiro”, que se conserva no Museu de Pontevedra.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.381974711487615
Lonxitude: -8.711541295051575
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84