
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Marín
Parroquia: Ardán (Santa María)
Lugar: Illa do Santo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
O castro da Illa do santo está situado no promontorio meridional da illa do mesmo nome, fronte á praia do Santo, ao norde do areal de Lapamán. Trátase do típico castro costeiro, nun emprazamento moi semellante a outros casos coñecidos coma o de Baroña ou Toralla.
O castro é de pequenas dimensións, cunhas medidas máximas no eixo N-S duns 40 metros, e de 30 metros no eixo E-W, aproximadamente. Aínda que non hai estructuras defensivas visíbeis, obsérvanse restos de cachote procedente da ruína das primitivas construccións polo lado de terra, mentres que polo lado do mar, máis batido e arrasado, atopáronse cerámicas de feitura tosca, que foron depositados na Biblioteca Pública de Marín.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA36026032
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.34964014426427Lonxitude: -8.753947019577026
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84