Outra fotografía:
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Cervantes
Parroquia: Donís (San Fiz)
Lugar: O Piornedo/Campo Redondo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:
A rocha, situada no medio da campa, resulta moi visible dende os camiños que acceden á mesma. Trátase dunha pena granítica cunhas medidas dun metro de alto, 2,60 de longo e 2,15 de ancho. Os motivos están insculpidos na parte superior da rocha que presenta unha lixeira inclinación cara o sur-oeste. As gravuras están formadas por 12 coviñas redondas cunhas medidas que van dende os tres aos nove centímetros de diámetro e cunha profundidade máxima dun centímetro, e por nove coviñas de forma ovalada onde a de maior tamaño acada unhas medidas de 11 por 7 centímetros e unha profundidade de 2,5. As coviñas redondas están máis erosionadas ca as ovaladas.
(A foto está modificada dixitalmente)
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Dado a coñecer o día 31 de agosto de 2013 pola documentalista Pilar Carpente e polo historiador Xabier Moure. Comunicado ao Concello de Cervantes e ao Servizo de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, xa foi catalogado.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://arqueoancares.blogspot.com.es/2011/01/castros-do-concello-de-cervantes.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8511453926Lonxitude: -6.86544656754
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84