Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Marín
Parroquia: Ardán (Santa María)
Lugar: Illa do Santo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Aínda que refeita no século XVIII, a fundación da capela atribúese ao almirante Paio Gómez Charino, para conmemorar a conquista de Sevilla, o 23 de Novembro de 1248, festa de San Clemente, de aí a advocación da ermida.

Trátase dunha edificación sinxela, de pranta rectangular, e unha soa nave, feita en sillares de pedra irregulares, máis traballados no exterior, mentes que o interior amosa un cachote máis irregular, cuberto orixinariamente por un enlucido do que se conservan restos. O tellado é a dúas augas. Os únicos vans son a porta, alintelada, e dúas pequenas xanelas saeteiras, con derrame tanto ao interior coma ao exterior. No altar, hai un nicho baixo un arco de medio punto de boa feitura, inserido no propio paramento.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA36026031
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:

A capela foi o cenario das cantigas de amigo escritas polo trobeiro galego Nuno Treez, no século XIII. Deste poeta medieval consérvanse catro cantigas, e en todas elas aparece citada a capela de San Clemente.

Nunha delas a namorada agarda a chegada do amigo, mentres reza ao santo.

Estava-m’ em Sam Clemenço,  u fora fazer oraçom,

e disse-mi_o mandadeiro,  que mi prougue de coraçom:

Agora verrá aqui voss’ amigo.

 

Estava-m’ em Sam Clemenço,  u fora candeas queimar,

e disse-mi_o mandadeiro:  – Fremosa de bom semelhar,

agora verrá aqui voss’ amigo…

O amigo non debeu satisfacer as arelas da pobre namorada, pois noutra cantiga troca o obxectivo das súas oracións ao santo, facendo da cantiga de amigo unha de “enemigo”.

Sam Clemenço do Mar,

se mi del nom vingar,

nom dormirei.

Sam Clemenço, senhor,

se vingada nom for,

nom dormirei.

Se mi del nom vingar,

que me faz mal andar,

nom dormirei.

Se vingada nom for

do fals’ e traedor,

nom dormirei.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Está en ruínas, aínda que está limpa e desbrozada.


Onde está localizado

Latitude: 42.35013967696145
Lonxitude: -8.75359833240509
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84