Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Cee
Parroquia: Toba (Santo Adrián)
Lugar: O Vilar de Toba - Os Castros
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Castro situado a 93 metros de altura sobre o nivel do mar. Está completamente alterado pola zona que ocupa case a metade da croa situándose alí o edificio Aspadex, “Centro de Discapacitados Físicos” e anteriormente fixérase unha planicie para un campo de fútbol. Ten forma ovalada acabando polo sur en forma de punta. Pola parte sur-oeste, na aba do monte, tamén hai numerosas edificacións moi preto da croa que ameazan seriamente ó castro. Ten unha superficie dunha 1,5 hectáreas no interior do parapeto que o cingue, das cales 5250 metros foron ocupados polo edificio anteriormente nomeado, ollándose dito parapeto con claridade pola parte sur e leste levantándose pola parte exterior case metro e medio e polo interior medio metro e, incluso, óllase ben parte do seu foxo. As súas medidas son de norte a sur duns 173 metros por 110 de leste a oeste.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: ForestalResidencial
Código no Catálogo da Xunta: GA15023001
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CEE/documents/0118CA002.PDF
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CEE/documents/0118CA001.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

O perigo no que se atopa este castro é a falta de protección por parte da administración, xa que se pode construír edificacións case con total normalidade. Segundo o PXOM: “Dado o seu estado precario actual non se plantexa un área a protexer no entorno do castro. Pero verase a necesidade de realizar un control arqueolóxico sempre que se realicen remocións de terra no recinto do castro…”. Realmente gran parte do castro esta conservado, polo de agora, xa que das 1,5 hectáreas que acada, uns 5500 metros están xa edificados.


Onde está localizado

Latitude: 42.9669984304
Lonxitude: -9.19711232185
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84