Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Chantada / Chantada (comarca)
Parroquia: Santa Maria de Nogueira
Lugar: Lugar da Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa románica do século XII. A fachada e a torre son produto de reformas posteriores (século XVIII). A fachada presenta un rosetón e dous nichos con figuras de santos. A torre ten tres corpos, dous de sección cadrada e o superior cilíndrio rematado nunha pequena cúpula. Na fachada sul ábrese unha porta románica. O tímpano presenta unha cruz solar encerrada nun círculo e palmas aos lados. Os capiteis das xambas están decorados con motivos vexetais e os linteis rematan en duas curiosas cabezas de animais.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.5563087481
Lonxitude: -7.71393120289
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84