Outra fotografía:
Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Marín
Parroquia: Piñeiro (Santomé)
Lugar: Chan de Castiñeiras
Outra denominación do ben: Mámoa de Chan de Castiñeiras 2
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:
A mámoa de Pedralonga está situada na chan de Castiñeiras, a carón da estrada que leva dende a lagoa de Castiñeiras ata o lugar de Cadro, xusto no límite entre as parroquias de San Tomé de Piñeiro e San Xián de Marín de Arriba.
Conserva unha cámara funeraria monumental, formada por 10 esteos de pedra de máis dun metro de altura, que delimitan un espazo poligonal de 2’5 metros de diámetro, cun corredor orientado cara o abrente. A principal particularidade desta construcción, e que a facía especialmente senlleira é que algún destes ortostatos conservan unha decoración de gravados con liñas onduladas e figuras antropomorfas, moi esquemáticas. Foi escavada en 1957 por Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza.
Do túmulo só se conserva a metade, xa que a outra desapareceu tras a construcción dunha estrada promovida pola Xunta, ademais de causar danos na cámara, na que algúns ortostatos aparecen hoxe vencidos e derrubados. O diámetro orixinal (antes de que unha estrada feita pola Xunta se levase a metade do túmulo) era duns 15 metros, e a súa altura de un metro e medio.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA36026008
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Hai unha ducia de anos, a construcción da estrada de Cadro a Castiñeiras, por iniciativa da propia Xunta de Galicia, afectou severamente a esta mámoa, a pesares de estar xa inventariada e ser coñecida dende antigo por estar escavada dende os anos 50. A ampliación da pista fixo desaparecer a metade do túmulo, ademais de afectar á disposición dos ortostatos da anta. Dende entón, a mámoa permanece semidestruída e en estado de abandono.
No ano 2006 promoveuse a recuperación das mámoas do entorno do Chan de Castiñeiras. Porén, e a pesares do seu evidente interese do xacemento e perigo no que se atopaba, esta mámoa ficou fóra deste programa.
No ano 2011, a mámoa de Pedralonga foi declarada Ben de Interese Cultural, xunto con outros monumentos megalíticos galegos con manifestacións decorativas no seu interior.
Onde está localizado
Latitude: 42.3581594084Lonxitude: -8.67864668369
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
5 comentarios
franjopadin says:
Set 7, 2011
Declarado expresamente Ben de Interese Cultural pola “Resolución do 15 de marzo de 2011, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se acorda dar publicidade á relación de xacigos megalíticos con arte rupestre e se ordena o seu asento no Rexistro de Bens de Interese Cultural”. D.O.G. 8 de Abril de 2011.
adela suma says:
Set 8, 2011
Engado o pdf da Resolución co anexo do listado por provincias:
http://www.xunta.es/dog/Dog2011.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/5fa9891f59e2457bc125786b0047f140/$FILE/07000D005P012.PDF
Antonio Costa says:
Xuñ 30, 2016
Hai unha nova na Voz de Galicia ou no Faro de Vigo, non lembro agora, de cando estaban facendo a carretera, e intentei que se parara a obra. Lembro que era perto dunhas eleccións, e a obra fíxose a todo correr. Aparte dos danos a mámoa, arrasáronse alomenos dous xacementos con cerámica campaniforme e un do bronce final.
xan says:
Mai 30, 2024
A situacion actual e distintaa das fotos deste documentos, a disposicion dos ortoestratos das fotos que parece estar sendo desprazados. Aparecen na actualidade sobre rolos de madeira.
https://skfb.ly/oVy7P
XXXAAANNN says:
Mai 30, 2024
https://skfb.ly/oVy7P
Como se pode observar na fotogrametría existe un desplazamento de partes da mámoa. Aparece alterado o estado que se rexistra na catalogacion de Patrimonio Galego coa presencia de rolos de madeira debaixo das pedras.