Outra fotografía:
Tipo de ben: Obradoiro artesanal tradicional,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Ambía (Santo Estevo)
Lugar: Suatorre - A Esperela
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Esta pesa de lagar de cera é unha pedra de forma troncocónica cun chafrán e unha fendedura na parte superior, en cola de milano, onde se suxeitaba o parafuso da prensa. Primeiramente foi feita para servir de pesa no lagar de cera de Suatorre, pero cando se deixou de utilizar, ar mediados do século XX, foi transportada para o lugar de Outeiro onde foi utilizada por “carpinteiros” para dar forma as ferras dos carros antes de ferralos a fogo. Finalmente acabou na Esperela, onde decora un xardín particular. Ten un diámetro na base de algo máis dun metro, permitindo adaptar o diámetro das ferras do carro, debido a conicidade.
A aira do lagar da cera de Suatorre está no fondo do lugar, nunha casa que fora da “grandeza de Ambía”. Debaixo estaba o lagar que pertencía a unha familia de Vilameá que eran coñecidos coma “Os Cereiros” ou “As Cereiras”. Polos anos 50-60 do século XX, aínda facían velas en Vilameá e deica non fai moitos anos algún membro da familia, aínda tiña comercio de velas en Ourense. O lagar forno e prensa, foron desmontados anteriormente, reaproveitándose a pedra.
Información: José Oliva
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2180477773Lonxitude: -7.71120876074
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
erial says:
Nov 19, 2013
Ola Gavilanes67. Na horta da casa do meu sogro hai unha desas pedras facendo de pedestal dun arado e no río que pasa por alí hai outra que se usou para facer unha ponte, agora derrubada.