Outra fotografía:

Tipo de ben: Mina,
Concello: San Xoán de Río / Terra de Trives (comarca)
Parroquia: Cabanas (San Paio)
Lugar: Xunquedo, O
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:

As catro profundas cavidades de formas máis ou menos circulares, algunha cun corte en forma de canón que descende a serra nun corto treito, segundo os investigadores, trataríase da mina romana dos Biocos. Unha mina realizada a ceo aberto sobre una rocha primaria. Na contorna da Serra de Cabanas entre San Xoán de Río e Ribas de Sil, apareceron moitos depósitos auríferos explotados polo imperio romano. A mina dos Biocos é a de tamaño máis grande e mellor conservada de todas elas.
Dentro de cada “conventus” existían distintas entidades territoriais denominadas civitates, que formaban a base administrativa e fiscal do estado romano. A zona dos Biocos sitúase entre tres, que son, o Lucensis, con capital en Lucus Augusti (Lugo), o Asturicense, con capital en Astúrica Augusti (Astorga) e o Bracarensis, con capital en Brácara Augusta (Braga), aínda que o máis probable é que pertencese ao Astur. Non se coñecen asentamentos romanos directamente relacionados cos Biocos. Na contorna existen os de Netóbriga, principal asentamento dos Tiburi, ao leste, e o de Praesidio, ao oeste. Ambos eran “mansións” da coñecida Vía XVIII ou Vía Nova, a calzada que unía Braga e Astorga, construída na época dos emperadores Flavios, polo final do século I d C., tempo no que houbo un auxe da economía mineira do imperio.
Os investigadores din da mina dos biocos :”Sabemos que os traballos se levaron a cabo mediante curtas de minado, técnica mediante a cal se vai extraendo a rocha por medios mecánicos, socavándoa e abaténdoa coa axuda de mazos, cuñas e picos. Tamén é posible que empregasen de forma alterna lume e auga para someter a rocha a cambios bruscos de temperatura e favorecer así a súa ruptura
Unha vez abatida a masa de rocha ao pé das frontes de explotación, faríase unha selección do material que contiña ouro. O mineral seleccionado era sometido a un proceso de enriquecemento, seguramente nas proximidades da mina, no que se trituraba, calcinaba, lavaba e moía. Desta forma conseguíase un concentrado moi fino que sería lavado en batea para obter diminutas partículas de ouro.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:

Segundo podemos ler na web do concello de San Xoán de Río : “En tódolos Biocos existen covas (Covas dos Mouros), aínda que a maioría perdidas entre a maleza. A pesar de isto, no bioco da parte superior existe unha a que se pode acudir, non sen traballo. Desta cova existen noticias dende fai moitos anos, cando a xente da zona se dedicaba ó pastoreo. A entrada de dita cova ten unha anchura de 1m e unha altura entre 2,5 m e 3m. As paredes do interior son completamente lisas, polo que se pode asegurar unha factura artificial. As lendas entorno a cova son numerosas. Actualmente atópase taponada a uns 150m da entrada, pero antigamente contan que existía unha sala na que había unha arca que contiña un tesouro e unh acruz, que quen a tocase quedaría petrificado. Asemade e dentro do a´mbito lexendario, contan quen na parte superior do monte no que se atopan Os Biocos existe unha zona denominada “Aira dos Mouros”, na que os mouros puñan a seca-la colada. Cabe dicir, unha vez máis, que o término mouro acostuma a referirse a fenómenos castreños, de ahí que nesa zona exista un castro. Tamén se conta a lenda na que, en épocas pasadas, cando a cova non estaba obstruída, introduciron un can e tapoaron a entrada. Ó cabo duns días o animal apareceu na parte lucense da montaña, no municipio de As Portas, cal fai supoñe-la existencia dun túnel que atravesa a montaña. É tamén digno de mencionar que a xente do lugar asegura que nas paredes da cova de maior tamaño existen unha serie de símbolose letras de difícil lectura”.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.agenciasinc.es/Noticias/Reconstruyen-el-proceso-de-explotacion-de-la-mina-de-oro-romana-gallega-de-Os-Biocos
http://www.sanxoanderio.es/index.php/gl/biocos


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4014672877
Lonxitude: -7.27646827698
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84