Outra fotografía:
Tipo de ben: Castelo,
Concello: Manzaneda
Parroquia: Manzaneda (San Martiño)
Lugar: Manzaneda
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
O castelo ou casa fortaleza de Manzaneda conformaba un recinto fortificado á marxe da muralla que rodeaba a vila e que tiña una 400 metros de lonxitude, reforzándoa e tomando un aspecto defensivo xunto coa torre do homenaxe. Só quedan restos da barbacá na que se observan tres troneiras de tipoloxía posterior ao século XV, así como algúns muros, capiteis dispersos e anacos de pedras armeiras. A muralla e fortaleza son do século XII, aproximadamente, e no século XIV os seus propietarios eran os condes de Lemos. Coa revolta irmandiña foi destruída e reconstruíuse posteriormente, pasando no século XVI á xurisdición dos condes de Ribadavia ata o século XIX. Existen documentos que corroboran que a torre de homenaxe foi derrubada e a súa pedra usada na construción do firme da estrada de Cabalar a Reigada, iniciada en 1912, e cuxo orzamento se reducía sempre que o concello aportase a pedra para a obra de fábrica.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MANZANEDA/documents/0450CA002.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.3094544111Lonxitude: -7.23563164473
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84