
Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: A Pobra de Trives / Terra de Trives (comarca)
Parroquia: Pena Folenche
Lugar: A Ponte Navea
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana, Época Baixomedieval,
Descrición:
Situada ao pé da Ponte Navea (B.I.C dende o 11-02-91) e enriba do que debeu ser un templo romano, a capela foi restaurada recentemente e aínda conserva na clave do arco da porta unha cruz de Malta tallada na pedra. Nun muro acaroado a un pendello á capela hai unha pequena ventá en forma de seteira que parece levar o signo Ώ . Pertenceu a orde Militar de San Xoán de Xerusalén ou chamada tamén de Malta, que comezou coma unha orde Beneditina no século XI, fundada en Palestina durante as cruzadas e que non tardaría en converterse nunha orde militar cristíá con regra propia . Os cabaleiros desta orde tiñan entre os seus obxectivos protexer as rutas de peregrinación, que no caso desta capela sería a do camiño de tradición xacobea. Foron atopadas, na capela, a Lápida de Aelio Sporo, e nas proximidades a de Popolius Hirsutus. A ponte cerca da que se sitúa está feita para salvar o río Navea e ten as orixes na ruta romana da Vía Nova, que ía de Braga a Astorga. Tamén neste lugar atopouse unha lápida de carácter votivo e outra dedicada a Ioviladico, na que, segundo algunha información, parece lerse malamente o nome dunha divinidade romana.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.3486212438Lonxitude: -7.2889727354
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84