
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Deza (comarca) / Lalín
Parroquia: Moneixas (Santo Adrao)
Lugar: O Campiño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Data de 1763. Realizado en granito. A cruz é cilíndrica espiñenta, no anverso ten a imaxe de Cristo crucificado, coa cabeza mirando cara a diante, as mans cos dedos case pechados, coroa de espiñas, tres cravos e a inscrición de INRI; mentres que no reverso ten unha imaxe da Virxe rezando. O capitel é cilíndrico e ten un anxo en cada cara. O fuste é octogonal liso e ápoiase sobre un pedestal cúbico biselado e na cara esquerda ten a inscrición co seu data de construción. A plataforma é cuadrangular e ten tres chanzos.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
No ano 2015 o cruceiro sufríu a caída dunha árbore por mor dunha cicloxénese.
A finais do mes de agosto de 2019 o cruceiro se coloca novamente na ubicación orixinal despois da súa restauración (ver referencias bibliográficas)
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/360243301.html
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/lalin/2015/09/18/moneixas-pide-responsabilidades-iglesia-destruccion-cruceiro-parroquia/0003_201509D18C3996.htm
https://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2015/09/17/moneixas-pierde-simbolo/1315236.html
https://www.elcorreogallego.es/area-de-compostela/ecg/el-temporal-destroza-un-cruceiro-y-bloquea-un-paseo-en-lalin/idEdicion-2015-09-17/idNoticia-953117/metrics
BIBLIOGRAFÍA
REIMONDEZ PORTELA, M. “Cruceiros e cruces do nordeste da provincia de Pontevedra”. Diputación Provincial de Pontevedra, 1985.
ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
RESTAURACIÓN DO CRUCEIRO
https://galego.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2019/08/24/crucero-moneixas-luce-aspecto-original/2159526.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.6395507749Lonxitude: -8.11648786068
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Oscar Franco says:
Out 22, 2019
Fotografía do 19 de outubro de 2019 do cruceiro xa restaurado.