Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular, Institucións privadas (sés de empresas, centros sociais...),
Concello: Pontevedra
Parroquia: Pontevedra (Santa María)
Lugar: Praza San Xosé 3
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Edificio de estilo eclecticista construído por D. Manuel Martínez-Bautista Herrera. De fachada pétrea e galerías en forxado rematado no ano 1902.
Destaca o emprego de tres materiais: a cantería en granito, o ferro fundido e a ebanistería. Cada un deles xoga un papel específico nesta construción, adquirindo calidades e execución difíciles de atopar no seu momento. En concreto a porta principal do edificio así como a cristalera de paso a escaleira central e a decoración interior da pranta baixa, onde os vidros impresos con estilizados motivos frorais nos lembran ao Arts and Crafs inglés, preludio do modernismo.

No ano 1903, o Sr. García Termes acondiciona os salóns da pranta baixa e o 30 de maio de 1903 inaugurase o Café Moderno, referente artístico da arquitectura comercial de interiores cos seus diáfanos salóns con esveltas columnas corintias acanaladas de fundición, obra da casa J. Pazó e grandes espellos enmarcados en madeira. Pronto contaron co complemento artístico de murais e pinturas de grandes dimensiós. Na cafetería conservanse escenas cómicas de Monteserín, contemporáneas da obra. En 1914 incorpóranse tres grandes cadros de temática histórico-mitolóxica de Carlos Sobrino, e logo colgaríanse as paisaxes galegas de Pintos Fonseca (1940), e finalmente Laxeiro pintará o seu conocido mural en 1949.

Nos salóns da planta baixa estivo o coñecido Café Moderno, centro literario e artístico da sociedad decimonónica local, no que se fraguaban as novas ideoloxías republicanas, socialistas e galeguistas. Nos seus salóns déronse cita persoeiros como Federico García Lorca, Alfonso Rodríguez Castelao, Carlos Casares, Paz Andrade, Alexandre Bóveda, e Ramón Cabanillas.
Foi un momento social e histórico de derroche creativo, pero coa chegada do militarismo no ano a súa actividade decreceu e logo dunhas décadas sen actividade rematou cerrando as súas portas.
Cara a 1998, a edificación atopábase nun avanzado estado de deterioro, polo que foi necesaria unha intervención rehabilitadora que permitira recuperalas estancias e salóns coa maior fidelidade á obra orixinal.
En xullo de 1998, os arquitectos Alvaro Siza Vieira, J. Carlos González Seoane y Rafael Fontoira Surís acometen a adaptación das instalacións para rehabilitar o edifico e acoller a Fundación Caixa Galicia, recuperando, tras unha restauración minuciosa todo tipo de elemento decorativo, xa fora no baixo como nas viviendas. Prescindironse das reformas bancarias introducidas na última fase da vida do local, recuperando na sua totalidade o que foron os elegantes e cosmopolitas salóns decimonónicos do Café Moderno.
Nesta intervención destaca especialmente a recuperación dos murais e pinturas, trala laboriosa restauración dos lienzos, moi deteriorados polo tempo.
As habitacións das vivendas que se abrían fachada principal recuperáronse como despachos institucionaís e dependencias administrativas, mentras que o resto das viviendas, despexados de divisións, convírtense en amplias salóns de exposicións.
Actualmente acolle un centro de Maiores do Banco Novacaixagalicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: ResidencialInfraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:

Pintural mural de Laxeiro.
Lenzos de Monteserín.
Lenzos de Carlos Sobrino.
Lenzos de Rodríguez Castelao.
Lenzos de Pintos Fonseca.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

● José Ramón Soraluce Blond. “O antigo Café Moderno de Pontevedra”. Fundación Caixa Galicia. A Coruña 2001. ISBN 84-9541-33-8. P 135-15.

● José Manuel Bernardi López Vázquez. “Cuadros para los pontevedreses “Café Moderno” y “Café Royalty”: el influjo de Valle-Inclán sobre Carlos Sobrino y Castelao” Madrygal: Revista de estudios gallegos, ISSN 1138-9664, Nº 12, 2009, págs. 47-57.

Enlaces Web:
● Asociación para la Protección del Patrimonio Histórico “El Café Moderno o La joie de vivre”
http://portal.protecturi.org/el-cafe-moderno-o-la-joie-de-vivre/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4293902762
Lonxitude: -8.64573064233
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84