Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Outeiro de Rei
Parroquia: Martul
Lugar: Martul
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Trátase da imaxe dunha figura humana insculpida nunha pedra granítica que foi reaproveitada para tapar unha ventá da casa reitoral de Martul. De trazos ben definidos e profundos que debuxan o corpo, brazos, pernas e cabeza onde se distinguen os ollos e a boca. Segundo a tradición oral foi atopada nun enterramento megalítico polo que as poucas referencias existentes sobre a gravura sitúan no Neolítico, hipótese, por estaren fóra de contexto, bastante arriscada.
A pedra parece que foi cortada nalgún momento, nunha das caras pódense ver unhas marcas que ben puideran pertencer a outro debuxo.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:

Consultados os veciños, descoñecen de onde veu a gravura. Conxectúrase de que puidera vir do Cordal de Acevedo, na mesma parroquia, onde se localizou un vaso campaniforme nun enterramento megalítico. Se así fora, estariamos, en todo caso, diante dunha gravura que non iría máis alá da Idade do Bronce.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/petroglifos-de-galiza_10.html
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/anexo-mamoas-de-galiza.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.0858957
Lonxitude: -7.6368418
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84