Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte, Lavadoiro,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Baños de Molgas (San Salvador)
Lugar: Bouzas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Elemento que consta dun murete de tres pedras de forma piramidal, onde a media altura atópase o chorro principal por onde sae a
auga ata caer na pía con forma de cuncha.
Dun único cano, a fonte aparece rematada en altura por un edículo triangular escasamente decorado. No lateral pódese ler en relevo o ano de reforma, que foi cando se ergueu este murete enriba do antigo lavadoiro. Na pedra central ten decoración en forma de pentágono, e na inferior arredor da billa, ten unha estrela de seis puntas.
Pola parte de atrás da fonte situase un lavadoiro de tipoloxía descuberta e medianas dimensións construído en perpiaño de granito, formado por un vaso de pedra cuadrangular sen divisións.
O pilón permite refregar a roupa ao longo de dous dos seus catro lados mediante a disposición de pedras inclinadas a media altura. Na parte traseira situase unha pía rectangular tamén en granito.
Este conxunto situase as aforas de Bouzas situado ó abrigo do muro da pista de entrada cara o pobo.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2353292971
Lonxitude: -7.68801569939
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84