Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: -- / Barreiros / Mariña Oriental (comarca)
Parroquia: Celeiro de Mariñaos (Santa Cristina)
Lugar:
Outra denominación do ben: Capela de Santo Estevo do Ermo
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A capela do Santo Estevo do Ermo ou de Augas Santas data do Século XVIII. O templo é de planta rectangular a dúas augas e pórtico cerrado a tres augas na fachada, con dúas fiestras, sancristía na parte posterior a tres augas e tellado cuberto de lousa. Coroa a ermida unha espadana con arco de medio punto. O interior está pisado con vellas e sólidas lastras de pedra. A nave está separada do altar por un arco toural de medio punto. Consta dun pequeno e fermoso retablo de dous corpos, veteado e dourado, de talla popular. É de orde composta. No primeiro corpo alberga tres imaxes: Unha de Santo Estevo no centro, de tipo popular pintada ao óleo e de 95 cm. de alto. Á dereita, unha de San Marcos, do Século XVI, de 65 cm. de alto e, á esquerda, unha da Inmaculada do século XVII, con moito resabio popular e de 56 cm. de alto. No corpo superior, coroando o retablo, atópase unha imaxe de Santo Estevo de vestir. Encima do altar atópase unha pequena imaxe de Santo Estevo de bicar, de talla popular e 33 cm. de alto.
A primitiva capela do Santo Estevo de Augas Santas, situada un bocado máis arriba da actual edificación podemos datala entre os séculos IX e X. Nun documento do ano 928, reinando Ordoño III, faise mención expresa da existencia desta ermida como propiedade do Mosteiro de Esperautano, así denominado no chamado “Documento do rei don Silo”. Foi igrexa parroquial de San Cosme de Barreiros e xa nun documento do ano 1.479 pódese ler que nesta ermida “recibían os feligreses os oficios divinos e alí se enterraban”. A carón da primitiva capela estaba a casa d@s ermitañ@s e tamén o cemiterio parroquial. Neste camposanto foron soterradas as ermitañas Francisca Ermitaña, xunto cunha sobriña súa (8 de maio de 1.618) e Dominga Salgueyra Ermitaña (25 de febreiro de 1.699). Nas proximidades da capela atópanse as fontes de augas medicinais de Augas Santas e Santa Rosa.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

O Santo Estevo do Ermo e a súa fraga.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.5232309797
Lonxitude: -7.23693284422
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84