Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Condado (comarca) / Salvaterra de Miño
Parroquia: Arantei (San Pedro)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro que nace sobre unha base cadrada coas arestas rebaixadas. O seu varal ten dúas partes ben diferenciadas. A primeira contén uns relevos case imperceptibles, seguramente polo paso do tempo. Na metade do varal atópase unha especie de capitel que dá paso á segunda parte na que a pedra está puída.
O capitel está composto dunhas follas e un moldurado.
A cruz é cilíndrica e nela aparece un Cristo crucificado baixo unha cartela de INRI. No seu costado dereito aparece un anxo cun cáliz recollendo o seu sangue.

O autor deste cruceiro foi o ponteareano Benjamín Quinteiro Martínez (1884-1955), tal e como consta nunha das lápidas da base.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/3605001.html

BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao. (2006). Cruces, cruceiros e petos do Concello de Salvaterra de Miño. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0793645474
Lonxitude: -8.53648155928
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84