Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Pontedeume
Parroquia: Breamo
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Igrexa románica do S. XII (1187, segundo inscrición na fachada). Planta de cruz latina e tres ábsidas na cabeceira.Na fachada abre-se un rosetón cunha estrela de once puntas encerrada nun círculo. É o único resto dun priorato de coengos regulares de Santo Agostiño abandonado no século XVI.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.39985602781157Lonxitude: -8.183505535125732
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
7 comentarios
adela suma says:
Set 11, 2011
Aínda que Pontedeume ten por planeamento vixente unhas normas de 1986 sen catálogo, e aínda que no inventario das normas complementarias e subsidiarias provinciais aparece unha igrexa en Breamo denominada “Igrexa de Santa María” (probablemente un erro), se acudimos ao documento para aprobación inicial do novo pxom en tramitación, observamos que San Miguel de Breamo está catalogado e na súa ficha (A-001) lemos que é un BIC declarado:
http://pontedeume.es/concello/concellerias/urbanismo/planxeral/Memorias/Tomo_IV/M_Catalogo.pdf
a pesares de que o pxom non está definitivamente aprobado, a información que contén o catálogo en relación aos bics provén da consellería.
adela suma says:
Set 11, 2011
Coma curiosidade, en este enlace da web de turismo de Pontedeume pode verse a planta da igrexa:
http://www.pontedeumeturismo.es/historia/monumentosmasimportantes.htm#breamo
Xabier Moure says:
Mar 13, 2013
Segundo a lenda, o rosetón que adorna a fachada principal do templo ten once puntas porque once eran os cabaleiros do Temple que, pola perda de fe dun Mestre, destináronnos a custodiala. Unha noite de Nadal do ano 1124, estando os once templarios vixiando a igrexa, o rosetón pasou, de súpeto, de once a doce puntas. Nese intre, os cabaleiros, desconcertados, viron un meniño que durmía dentro da igrexa. E alí permaneceu toda a noite, ata o alborecer, instante que o rosetón volveu á forma orixinal de once puntas e o neno desapareceu. Disque isto poden ver os que na noite de Nadal se achegan ata a igrexa de Breamo, de concorrida romaría os días 8 de maio e 29 de setembro na que os romeus, para escorrentar as meigas, dan tres voltas arredor do templo.
Outra lenda sitúa no século XIV unha batalla entre os templarios e a casa dos Andrade.
Antón Prego says:
Mai 7, 2013
Ola Xabier.
Non hai dato ningún que confirme a presencia de templarios en Breamo. A lenda que citas circula dende hai tempo pola rede pero carece por completo de fundamento e non está extraída do folclore do lugar e a proba é que o rosetón que se cita é de principios do século XX, podes ver dúas fotos de antes e despois da restauración desa época en:
http://www.eumeturismo.org/esp/breamo.html
O conto é moi bonito pero é iso: un conto, non unha lenda popular.
Tamén na rede e máis nunha recente exposición de supostos templarios que houbo na Casa da Cultura de Pontedeume afirman que os rebaixes da fachada norte son inscricións pitagóricas ou algo así, cando está documentado que son as pegadas dun letereiro co nome da igrexa.
Pódese consultar no artigo de Carlos de Castro “En torno al real Priorato de San Miguel de Breamoy su iglesia” da revista Cátedra nº2 de 1995. Explica todo moi clariño e documentado.
Deberíamos ter máis coidado e non colaborar na propalación de infundios e lendas falsas que soamente crean confusión e malos entendidos.
Xabier Moure says:
Mai 8, 2013
Manuel, intento ser rigoroso aínda que por veces non sempre se consegue (ocórrenos á maioría do que nisto andamos). A lenda, a pesares de que ti a consideres un “infundio” e “falsa” (supoño que te baseas en algo para afirmar con tanta contundencia tal cousa), si a coñecen dende hai moito tempo, por exemplo, en Centroña. Ben sei que non existe proba documental da presenza templaria en Breamo, tampouco na Coelleira, nin en Vilaza (Monterrei), nin en Aranga, nin en San Cibrán (Viana do Bolo), nin en Penamaior (Becerreá),nin en Moldes (Boborás), nin…, o que non impede que existan e, polo tanto, se recollan. Ou teriamos que agochar as lendas de mouros e mouras só porque eses seres imaxinarios non existen? Ata hai ben poucos anos, “sisudos” traballos aseguraban que en Galiza só eran de época prehistórica dúas ou tres pedrafitas, mais estase a demostrar que estaban errados (e que por certo, non se atreven a corrixir). E entre finais do século XIX e ata ben entrado o século XX o país estaba cheo de celtas que logo, a raíz das “novas e incuestionables” investigacións, desapareceron, simplemente, do mapa; mais agora, aqueles “románticos” que defendían a súa presenza volven a estar, a pesares de todos os pesares, de moda. Canto ao rosetón de once puntas (e volvo a botar man de xente de Ventosa e de Centroña) hai quen asegura que antes da reforma estaba situado nun lateral da igrexa. No tocante á presenza templaria en Galiza hai moitas teorías (ben é certo que só unhas poucas na documentación escrita) mais non por iso debemos, en principio, refutalas. E unha última cuestión: descoñezo que método empregas ti para saber se unha lenda é verdadeira ou falsa, eu levo recollidas unhas cantas (sobre todo en O Vicedo e nos seis concellos da comarca dos Ancares) e a verdade é que me resulta suficiente con que ma relate unha soa persoa. Agradeceríache, se dipós doutra metodoloxía máis exacta, mo achegaras.
Oscar Franco says:
Xan 12, 2017
A fachada e o muro sur da nave principal forn reedificados a principios do século XVII.
No seu interior podemos ver unha imaxe de San Miguel, de finais do século XIV, feita en granito policromado. O santo aparece pesando as ánimas.
Esta igrexa, catalogada pola Xunta co código RI.000011076, atópase tamén no PXOM do Concello de Pontedeume do ano 2016:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PONTEDEUME/documents/28003ca003.PDF (Ficha A_001)
pablo fernández ans says:
Mar 31, 2022
Artigo “Notas sobre la arquitectura románica en la provincia de A Coruña, José Carlos Valle Pérez”, da Fundación Santa María la Real: https://www.romanicodigital.com/sites/default/files/pdfs/files/a_coruna_2-Arquitectura_de_A_Coru%C3%B1a.pdf