
Outra fotografía:
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: San Amaro
Parroquia: Eiras (Santa Ouxea)
Lugar: Monte da Ermida
Outra denominación do ben: O Couto
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:
Rocha de tamaño medio, de granito, coa superficie superior aplanada e algo inclinada cara o Sur. Contén na súa parte superior un panel de petróglifos con catro figuras concéntricas e unha coviña illada. Observáronse nesta rocha aliñamentos de petróglifos co punto de solpor no solsticio de verán e co norte astronómico. A uns cen metros hai vestixios dunha mámoa, da que non se observan as estruturas, só a elevación do terreo. Nas inmediacións desta última hai un cruceiro.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
GONZÁLEZ IGLESIAS, F.:”Os petroglifos da Ermida en Eiras, solsticios e territorio”. Ágora do Orcellón 18. Páx. 32-45. Vigo. Xullo de 2009. ISSN 1577-3205.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Abandonado, pese a estar a menos de dous quilómetros do castro de San Cibrán das Las e Ourantes. Non está cuberto de maleza, pero ó seulado medran piñeiros sen ningún tipo de control, chegando a frouma caída a ocultar a superficie gravada. Os incendios forestais son unha grande amenaza para este tipo de xacementos, pois pode ocasionar a perda parcial ou total das insculturas.
Onde está localizado
Latitude: 42.343986426086Lonxitude: -8.0543947219849
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
adela suma says:
Set 10, 2011
Engadir que este petroglifo non aparece no inventario das Normas Complementarias e Subsidiarias Provinciais, e que o concello de San Amaro non ten planeamento de seu:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/OURPA005.pdf