Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: San Amaro
Parroquia: Eiras (Santa Ouxea)
Lugar: Monte da Ermida
Outra denominación do ben: O Couto
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Rocha de tamaño medio, de granito, coa superficie superior aplanada e algo inclinada cara o Sur. Contén na súa parte superior un panel de petróglifos con catro figuras concéntricas e unha coviña illada. Observáronse nesta rocha aliñamentos de petróglifos co punto de solpor no solsticio de verán e co norte astronómico. A uns cen metros hai vestixios dunha mámoa, da que non se observan as estruturas, só a elevación do terreo. Nas inmediacións desta última hai un cruceiro.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

GONZÁLEZ IGLESIAS, F.:”Os petroglifos da Ermida en Eiras, solsticios e territorio”. Ágora do Orcellón 18. Páx. 32-45. Vigo. Xullo de 2009. ISSN 1577-3205.

Os petroglifos da Ermida


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Abandonado, pese a estar a menos de dous quilómetros do castro de San Cibrán das Las e Ourantes. Non está cuberto de maleza, pero ó seulado medran piñeiros sen ningún tipo de control, chegando a frouma caída a ocultar a superficie gravada. Os incendios forestais son unha grande amenaza para este tipo de xacementos, pois pode ocasionar a perda parcial ou total das insculturas.


Onde está localizado

Latitude: 42.343986426086
Lonxitude: -8.0543947219849
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84