
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Deza (comarca) / Lalín
Parroquia: Soutolongo (Santa María)
Lugar: Eirexe
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Construída no ano 1798, segundo consta no lintel da porta de entrada.
A igrexa destaca pola súa torre de estilo barroco sobrio. A porta de acceso aparece enmarcada nunha portada cun nicho que alberga unha estatua.
A espadana posúe dous pisos: o inferior ten forma cadrada e está moi desenvolvido; o superior é máis pequeno e posúe unha cúpula ochavada. O teitume é a dúas e catro augas, con tella do país e remates en pináculos.
Outro elemento de bastante importancia na composición da fachada é a liña de cornixa que marca a portada e o arranque do campanario.
No seu interior atopamos dous sepulcros adosados e outros dous con estatuas xacentes, correpondentes aos señores de Des. No muro exterior campea un escudo e chama a atención o camarín da Virxe do Rosario feita por Chapa Silvestre Colmeiro, protexido dos Xil Taboada.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/LALIN/documents/0808CA007.pdf (Ficha 2.57 – Páxina 13)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.6232112583Lonxitude: -8.16061556339
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Dec 16, 2013
A igrexa de Soutolongo é noticia pola recuperación das súas pinturas:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/2013/12/15/salen-luz-pinturas-murales-iglesia-soutolongo/0003_201312D15C6992.htm