Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Deza (comarca) / Lalín
Parroquia: Soutolongo (Santa María)
Lugar: Eirexe
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Construída no ano 1798 segundo consta no lintel da porta de entrada, a edificación nace sobre outra anterior de época románica e da que se conservan varios elementos escultóricos.
A igrexa destaca pola súa torre de estilo barroco sobrio. A porta de acceso aparece enmarcada nunha portada cun nicho que alberga unha estatua.
A espadana posúe dous pisos: o inferior ten forma cadrada e está moi desenvolvido; o superior é máis pequeno e posúe unha cúpula ochavada. O teitume é a dúas e catro augas, con tella do país e remates en pináculos.
Outro elemento de bastante importancia na composición da fachada é a liña de cornixa que marca a portada e o arranque do campanario, do século XIX.

No seu interior atopamos dous sepulcros adosados e outros dous con estatuas xacentes, correpondentes aos señores de Deas. No muro exterior campea un escudo e chama a atención o camarín da Virxe do Rosario feita por Chapa Silvestre Colmeiro, protexido dos Xil Taboada.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

O presbiterio e a sancristía conservan pinturas do século XVI.


Tradición oral:
Historia recente do ben:

Os veciños de Soutolongo alertan das filtracións de auga na igrexa. A nova é do 13 de xaneiro de 2024 (ver referencia bibliográfica).


Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/LALIN/documents/0808CA007.pdf (Ficha 2.57 – Páxina 13)

NOVA DO MAL ESTADO DA CUBERTA (13 DE XANEIRO DE 2024).
https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/lugo/2024/01/13/vecinos-soutolongo-alertan-filtraciones-agua-iglesia/0003_202401D13C3991.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6232112583
Lonxitude: -8.16061556339
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84