
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: A Guarda
Parroquia: A Guarda
Lugar:
Outra denominación do ben: Castro de Santa Tecla
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Aínda que no monte de Santa Trega, no concello pontevedrés de A Guarda, se atopen vestixios de épocas anteriores á Idade do Ferro, os achádegos máis importantes corresponden ó período castrexo, do que se conserva un poboado ovalado de aproximadamente 700 m. o eixo maior por 300 metros o menor. As escavacións foron realizadas en diversas campañas dende 1913, cando se descubre o castro debido ás obras de apertura dunha pista á cima do monte, estragándose moitas estruturas.
Arrodea o castro unha muralla de pedra de cachotería, do que se descubriron dúas portas, a Norte e a Sur. As construcións (vivendas e talleres) adoitan ter planta circular, pero tamén as hai rectangulares coas esquinas redondeadas. As cosntrucións organízanse en grupos, que poden compartir un patio común. No interior das vivendas soe haber un fogar e posúen a particularidade de ter fornos nun vestíbulo da entrada, fóra do recinto principal da vivenda e cuberto por un alpendre. Tamén son curiosas as canalizacións para a evacuación de augas de chuvia.
Trátase dun castro característico da Idade do Ferro, con modos de subsistencia similares ás dos outros castros galegos (agricultura, gandeiría, elaboración de cerámica e útiles metálicos), ós que se lles engaden, pola súa situación costeira, a pesca e o marisqueo. Nas ladeiras do castro hai restos de cuncheiros. Ademais, a privilexiada situación deste xacemento castrexo favorecería as funcións de control de tráfico marítimo. Estrabón fala dunha illa con dous peiraos na desembocadura do río Miño, que corre ó sur do Monte de Santa Trega.
Os vestixios de época romana (cerámica, moedas, columnas pétreas…) fálannos dunha romanización dos indíxenas. Tamén hai edificacións posteriores á cristianización, coa construción dunha ermida, multitude de cruceiros e un calvario.
En xeral, e salvando as destrucións tradicionais na construción da estrada e nas obras do cumio do monte, o castro atópase en bo estado de conservación, incluso con dúas cabanas reconstruídas. Pero unha grande parte do xacemento non é visible por non estar escavado.
Na vila de A Guarda, dende onde parte a pista de dous quilómetros que leva ó Monte Santa Trega, hai outro castro moito máis pequeniño, que merecería unha ficha aparte: o castro da Forca.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Hai un museo no que, xunto a materiais de outras épocas (picos camposanquienses en cuarcita) amósanse fragmentos de cerámica (ánforas, cerámica sigillata, fragmentos de torques, moedas romanas e contas vítreas de tradición púnica. Tamén hai fíbulas, fusaiolas e algunha espada…
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
MARTÍNEZ TAMUXE, X.: Citania y Museo Arqueológico de Santa Tecla. Patronato Municipal del Monte de Santa Tecla. A Guarda, 1998
CALVO, I.: Monte de Santa Tecla. Memorias arqueológicas. Años 1914-1929; 1922-1923. Ed. Padroado do Monte Santa Trega. Vigo 2001.
DE MERGELINA, C.: La Citania de Santa Tecla. Ed. Padroado do Monte Santa Trega. Vigo 2001.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.89283770481599Lonxitude: -8.86970043182373
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
12 comentarios
adela suma says:
Set 11, 2011
Coma información complementaria, engadir o enlace ao catálogo do PXOM da Guarda (1993) no que aparece este castro:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/AGUARDA/documents/0799CA006.pdf
(coma curiosidade, mencionar que o novo pxom en trámite acaba de recibir o seu segundo informe previo á aprobación inicial)
adela suma says:
Set 11, 2011
(Permitídeme que me autoreferencie) “… a pesar de ser uno de los primeros asentamientos castreños en ser escavado (1913) y a pesar de ser Monumento Histórico Artístico Nacional desde el año 1931, el Castro de Santa Tecla carece de Plan Director (en enero de 2009 la Xunta anunció una partida presupuestaria para este fin, pero tras el cambio de gobierno nada es seguro). Recemos”
adela suma says:
Set 11, 2011
Enlace á web do Museo Arqueolóxico Castro de Santa Tecla:
http://www.aguarda.com/museo/index.htm
Oscar Franco says:
Set 6, 2013
Chegan novidades deste castro:
http://www.farodevigo.es/comarcas/2013/09/05/desbroce-castro-santa-trega-deja/872123.html
Oscar Franco says:
Out 26, 2015
Este castro aínda ten moito que dicir. A última nova é o achado dunha cabeza castrexa atopada nun contexto arqueolóxico definido.
Así o recolle a prensa escrita do 23 e 24 de outubro de 2015:
http://www.galiciaconfidencial.com/nova/26331-descuberta-cabeza-castrexa-castro-santa-trega
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/a-guarda/2015/10/24/hallan-santa-trega-talla-guerrero-2000-anos-antiguedad/0003_201510G24P36991.htm
http://www.farodevigo.es/comarcas/2015/10/24/escolares-guardeses-son-testigos-hallazgo/1337483.html
Xose Troiano says:
Dec 5, 2015
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2015/12/05/castro-santa-trega-envejece-dos-siglos3-anforas-completas-botin-4000-piezas/0003_201512V5C7991.htm
Oscar Franco says:
Xan 25, 2016
Algo máis de información na seguinte ligazón:
http://xacementos.gciencia.com/santa-trega-gl.php
Oscar Franco says:
Feb 18, 2016
Este xacemento segue (é seguirá) dando moito que falar. Unha nova descuberta e a noticia do depósito do “Cabezón” no MASAT:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2016/02/18/descubren-trega-gruta-siglo-iv-cristo-unica-norte-peninsular/0003_201602V18C8992.htm
http://www.infominho.com/index.php/id/103/objeto/28912/claves/ESPECIAL—O-CABEZ%C3%93N-DO-TREGA-XA-SE-PODE-VER-NO-MASAT-DE-A-GUARDA?platform=hootsuite
Oscar Franco says:
Xul 15, 2017
A Deputación de Pontevedra anuncia o proxecto de consolidación, restauración e escavación da zna denominada barrio de Mergelina.
A nova é do 9 de xullo de 2017:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2017/07/07/diputacin-inicia-contratacin-proyecto-restauracin-santa-trega/00031499445239177985453.htm
https://telemarinas.com/diputacion-restaurara-yacimiento-arqueologico-del-barrio-mergelina-monte-santa-trega-guarda/
Oscar Franco says:
Ago 10, 2017
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2017/07/28/xunta-aprueba-proyecto-porta-do-trega/00031501256765131101513.htm
Oscar Franco says:
Nov 7, 2018
Novos achádegos neste ben. A nova é do 5 de novembro de 2018:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2018/11/05/excavacion-trega-saca-luz-casa-galaica-unica-escaleras/0003_201811V5C3991.htm?fbclid=IwAR10tU0JUy5I29NTcs58V3YjA24Z1ln9nNhH2M7DVWHQb-Vsn2TGuGLpZbY
Oscar Franco says:
Xan 23, 2021
O Concello da Guarda promove o Proxecto Trega 2020+5 baixo a dirección científica de Brais Currás da EST-AP do CSIC. Así o podemos ler na prensa dixital do 22 de xaneiro de 2021:
https://historiadegalicia.gal/2021/01/reescavar-zonas-antigas-e-crear-unha-escola-permanente-de-arqueoloxia-asi-sera-trega-20205/
https://www.aguarda.es/a-guarda-promove-o-proxecto-trega-20205/