Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Lalín
Parroquia: Cangas (Santa Mariña)
Lugar: Montrigo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

A data de construcción da igrexa de Cangas é de 1179, aínda que sufríu varias reformas co paso do tempo. A igrexa posúe unha soa nave con cabeceira rectangular, ventás en seteira, porta principal de acceso con arquivolta sobre columnas e arcos lobulados. Hai evidencias de arcos interiores e canzorriños. A primitiva antefixa aparece incrustada no muro. A espadana é un engadido posterior, e consta de dobre arco coroado con pináculos, .

Conta a tradición que esta igrexa ten lazos Templarios, algo que tamén se pode ver nalgúns signos lapidarios que contén a igrexa.

No exterior da igrexa atópase un pequeno alpendre de cachotería, con tellado a dúas augas, e remate en cruz de pedra, que serve de refuxio aos feligreses.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Conta a tradición que esta igrexa ten lazos Templarios.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/LALIN/documents/0808CA005.pdf (Ficha 2.14 – Páxina 14)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7397750678
Lonxitude: -8.10268521309
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84