Outra fotografía:

Tipo de ben: Industria,
Concello: Lalín
Parroquia: Rodís (San Xiao)
Lugar: Rodís da Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O edificio é unha grande nave industrial construída en pedra, en aparello cadeirado e teitume a dúas augas, e con medio centenar de ventás abertas como concas baleiras. O conxunto está rodeado por outros edificios máis pequenos de bela arquitectura.

O que hoxendía podemos ver é o esquelete do que foi o primeiro proxecto fabril do municipio a finais do XVIII. É unha industria papeleira cos seus muíños de trapos e pulpa, presa de auga, fornos, secadoiros, … A edificación sitúase sobre unha das ribeiras do río Barbán, moi próxima á desembocadura do río Arnego.

Sábese que aínda traballaba a mediados do século pasado na fabricación de papel de barba, pero non se sabe cando pechou. O proxecto non se chegou a completar na súa totalidade quedando este en espera dunha ampliación que nunca chegou.

Hoxe o conxunto está rehabilitado, nunha das súas salas de secado, como casa de labradores. Alí vive tamén seu actual propietario, David Fernández González, quen a recibiu como herdeiro dos seus tíos que a mercaron polo ano 1923. Na súa construcción participou Juan Cendón Carballal, quen xa estivera presente nas obras das fábricas de papel de Lavandeira e Bouteiro, en O Carballiño. De todos xeitos, a súa historia resulta prácticamente descoñecida ante a falta de documentación da época.

Durante o tempo que se mantivo en activo, nestas instalacións se desenvolvía todo un laborioso proceso de traballo, levado a cabo fundamentalmente por mulleres. Dende a preparación dos trapos, a materia prima fundamental por aquel entón para a elaboración do papel, ata o secado das follas. Sen embargo, o seu período de actividade foi máis ben curto, duns 50 anos, xa que o obradoiro foi abandonado antes de finais de século. E é que sobre o 1880 se iniciaba en España a elaboración de papel a partires de pasta de madeira, o que supuxo a fin para a grande maioría destas fábricas tradicionais.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen usoResidencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/LALIN/documents/0808CA010.pdf (Ficha 3.79 – Páxina 19)
http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2013/08/10/curiosa-fabrica-rodis/859014.html
http://www.asociacionbuxa.com/patrimonio/detalle/202
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/2013/08/11/fabrica-papel-rodis-referente-industria-xix/0003_201308D11C6991.htm
https://turismo.lalin.gal/es/arquitectura-civil/-/asset_publisher/FzkB1YvvsyYy/content/id/95437


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7511562864
Lonxitude: -8.08820664883
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84