Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Lalín
Parroquia: Cercio (Santiago)
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A igrexa parroquial de Santiago de Cercio foi construída no ano 1700. Posúe planta de cruz latina, dunha soa nave, con cruceiro destacado en altura, e cuberto a catro augas, ao igual que as capelas e sancristía, mentres a nave ten teito a dúas augas.

A súa fachada é de pedra á vista, mentres que o resto dos muros exteriores están revocados. Na portada, de estilo barroco, destaca un gran escudo mariano e unha imaxe pétrea da Virxe do Carme sobre o eixo da porta, alintelada. A espadana, sobre o eixo da igrexa, é de dous corpos separados por cornixas, o primeiro con dous arcos e o segundo cun só arco, rematado con frontón curvo e decoración de pináculos.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/LALIN/documents/0808CA005.pdf (Ficha 2.21 – Páxina 21)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra:
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7557196114
Lonxitude: -8.12192738057
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84