Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Muros
Parroquia: Muros
Lugar: Campo de Cortes
Outra denominación do ben: Cruceiro de Santa Cruz
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

a plataforma do cruceiro é unha rocha de granito que ten labrado trece chanzos. Varal biselado e capitel en forma de prisma. A cruz leva por unha cara á Virxe e por outra un Cristo cos pés nas imaxes de San Xoán e a Virxe. No PXOM do concello de Muros catalógase coma o Cruceiro da Capela de Santa Cruz, pois antes había unha capela con ese nome. Está preto da Capela de San Marcos. Unha observación más minuciosa da rocha en que está tallado fainos ver unhas coviñas na rocha, comunicadas por unha canle gravada na rocha. Todo o entorno parece suxirir que antes do cruceiro podía haber algún petróglifo, dada a súa orientación, semellante ao veciño da Laxe das Rodas a 1´5 km. en liña recta. Os chanzos do cruceiro tapan unha pequena plataforma que sobresae polo lateral esquerdo segundo subimos as escadas, que puido quedar dos restos da outra obra. Ten moi boa vista cara ao sur e divísase unha grande extensión de océano.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/documents/22396CA016.pdf
pax. 24 do pdf
http://www.muros.es/ga/capillas.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7641147001
Lonxitude: -9.059638381
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84