Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Outes
Parroquia: Valadares ( San Miguel)
Lugar: Sendón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Cruceiro de plataforma de planta cadrada con tres chanzos. O Pedestal é cadrado coas arestas superiores biseladas e leva unhas letras gravadas difíciles de ler, pero parece que pon a data 1844. E entre outras as palabra SENDON e o apelido NOVOA. Varal de arranque cadrado, que logo se torna octogonal ata o capitel do que o separa unha moldura circular. Capitel con dous corpos : o inferior cilíndrico cunha cruz de San Andrés en relevo polo anverso e o superior cúbico decorado con volutas nas esquinas, na cara frontal leva un rostros e nas restantes flores de 6 pétalos. A cruz leva un cristo de factura simple e enriba del unha cartela coas letras INRI. No reverso unha piedade, coa Virxe sentada, sostendo a Cristo no regazo, a quen lle pendura o brazo esquerdo, e de talla moito máis elaborada. O grupo apóiase nun rostro con ás.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Mariño Reino, Xoán. Patrimonio-Histórico Artístico de Outes, Volume I, Tórculo Edicións Santiago 1998. Concello de Outes, ISBN: 84-8408-003-X, (pax 182)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA027.pdf (pax. 5 de 6)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8807835628
Lonxitude: -8.97732675076
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84