
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Outes
Parroquia: Valadares (San Miguel)
Lugar: Crespos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
O cruceiro carece de plataforma. O pedestal mide uns 70 cm., e vaise estreitando cara ao alto. Base cadrada duns 30 cm. de lado e con chafrán nas esquinas a media altura. Varal de planta cadrada que se torna octogonal case ao comezo. Mide 1 m. de alto e a 10 cm. do capitel vólvese de sección cadrada. O capitel é un sinxelo cubo de 26 cm. de alto e 24 de lado coas arestas achafranadas. A cruz orixinal desapareceu e no seu lugar colocóuselle unha de ferro decorada con volutas procedente dunha tumba do cemiterio. Está moi erosionado e cerca da estrada, está inclinado cara ela, polo tanto podería acabar caendo.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Mariño Reino, Xoán. Patrimonio-Histórico Artístico de Outes,
Volume I, Tórculo Edicións Santiago 1998. Concello de Outes,
ISBN: 84-8408-003-X (pax 179)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA027.pdf (pax 2 de 6)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8781380165Lonxitude: -8.96916210651
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84







1 comentario
Oscar Franco says:
Set 2, 2022
Engado as seguintes referencias bibliográficas:
MARTÍN RUÍZ, Luis. (1999). Cruceiros na provincia da Coruña. Ed: Deputación da Coruña.
MARIÑO, Xoán. (1998) .PATRIMONIO HISTÓRICO-ARTÍSTICO DE OUTES. Apoio ó ensino do Coñecemento do Medio. Vol I. Tórculo Edicións.