Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Arteixo
Parroquia: Larín (Santo Estevo)
Lugar: Larín de Arriba
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa de planta de salón, a súa capela maior sobresae en altura cubríndose o seu tellado a catro augas, mentres que a nave principal está cuberta a dúas augas. As capelas laterais e a sancristía están cubertas a tres augas con tella curva do país.
A nave da igrexa ten unha porta lateral alintelada polo lateral sur.
A fachada de boas pezas de perpiaño ten unha traza moi sinxela. Seguendo un esquema pentagonal e no seu eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta principal de acceso alintelada. Sobre o ingreso vai unha xanela rectangular que lle da luz o interior. Rompendo o vértice do pentágono, unha espadana de dous corpos, o primeiro formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares moldurados servendo para aloxa-las campás. O segundo un frontón triangular flanqueado por uns pináculos con bólas. Remata no vértice deste frontón triangular cun acroterio cuadrangular que soporta unha cruz de forxa.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ARTEIXO/documents/0048CA002.pdf (pax.44)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2621280677
Lonxitude: -8.54872584343
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84