Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Baños de Molgas / Xunqueira de Ambía
Parroquia: Ambía (Santo Estevo) - Xunqueira de Ambía (Santa María)
Lugar: Os Castros - Alto da Acea
Outra denominación do ben: Os Castros / Outeiro do Castro
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Trátase dun xacemento castrexo que presenta forma elíptica (190 x 150 metros), emprazado nun espigón que cae cara ao río Arnoia. A súa croa é aplanada dividida en tres diferenciadas zonas. Está defendida por unha muralla de pedra miúda cunha altura máxima de cinco metros e rodeada por un terraplén. Polo lado sur soamente lle quedan terraplén e foxos, está a unha altitude de 561 metros.

Na superficie localízanse algúns anacos cerámicos de pastas escuras nos que se aprecian claramente os feldespatos e o seixo.
Pola zona atópanse varios petróglifos formados pola tipoloxía de cazoletas, ademais case no seu centro ten unha marca de termo formada por un triángulo con unha pequena pía interior.
Os camiños próximos vemos que están feitos con paredes de pedras con perpiaños moi traballados, impropios de unha zona alexada dos pobos, polo que supoñemos que son pedras reaproveitadas do castro.

Serve de divisoria entre os concellos de Baños de Molgas e Xunqueira de Ambía.

Foto1: visor iberpix


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA32036005
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

Os concellos de Baños de Molgas e Xunqueira de Ambía, decidiron por en valor e convertelo nun reclamo turístico para ambos municipios.
Así a comezos de maio de 2018 comezou a primeira escavación da zona, e en apenas uns días, xa comezaron a aparecer os primeiros resultados que sinalan a importancia do lugar. O equipo de arqueólogos, composto por catro profesionais que traballan co apoio das brigadas municipais.
Foron os expertos os encargados de resaltar a importancia da escavación. «No que temos aberto temos dúas edificacións, varios muros de estruturas castrexas e, o máis singular, un canastro. É o achado máis senlleiro porque non hai ningún na provincia de Ourense, e en toda Galicia só se localizou un no castro de Arxeriz, no Saviñao; é un dos primeiros canastros do país», apuntaba o arqueólogo David Pérez.

Inf: www.lavozdegalicia.es


Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/XUNQUEIRADEAMBIA/documents/25651ca025.pdf (p. 5)

http://www.concellodemolgas.es/gfx/Blog/files/PXOM/11_CATALOGO/CATALOGO%20POR%20PARROQUIAS/AMBIA.pdf (P.1-2)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2146489124
Lonxitude: -7.72322773933
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84