
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa, Escudo / Epígrafe,
Concello: Irixoa
Parroquia: Churío (San Martiño)
Lugar: O Señorío
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval, Século XIX, Século XX,
Descrición:
Igrexa de tipo rural sen estilo definido. De planta rectangular e con nave única e presbiterio. No exterior, muros de cachotería exceptuando as esquinas con sillares irregulares de granito. Cuberta de tella curva a duas augas. Sencilla fachada principal organizada nun único corpo, con porta rectangular e espadaña simple.
Atopamos complicacións na datación debidos ás continuas remodelacións que sufriu e aos complexos elementos arqueolóxicos que compoñen o recinto (tumbas antropomórficas, inscrición de posible orixe suevo, etc.). Segundo á talla que atopamos enriba da porta principal, a fachada actual sería de 1862 pero o resto da construción sufriría unha remodelación no ano 1983 na que se encalarían os muros laterais da nave e o presbierio.
O máis probable é que existise unha construción anterior que se podería retrotraer en torno ao século IX que é de cando temos os primeiros testemuños documentais sobre a existencia deste templo, segundo o “Documento de Tructino” (do ano 868) que recolle a existencia de 12 igrexas e capelas, dependentes da diócese de Iria, dentro do territorio de Nendos entre os que aparece San Martiño de Churío.
Agora ben, se atendemos aos elementos arqueolóxicos, á igrexa podería datarse nunha etapa anterior. En primeiro lugar compre salientar a importantísima inscrición que se atopa nun dos muros laterais da igrexa. Segundo algúns autores (López Ferreiro, Angel del Castillo, etc.) trataríase dunha lenda epigráfica, ou incluso unha “Ara” que se atoparía dentro do antigo templo, que faría referencia a San Martiño de Dumio e que se podería datar da época do rei suevo Carriarico (550 – 559).
Na estela podemos ver unha cruz grega (de brazos iguais) coas letras gregas Alfa e Omega e uns “candelabros” góticos de tres luces. Na iscrición pódese ler o seguinte:
<< E MANVEL NOVISCVM P SVARA EIVS : S : MARTINI EPI : ET Cº >>
A tradución posible sería: “Manuel está con nós no altar de San Martiño, bispo e confesor”.
Outro dos elementos que refrendarían as hipóteses dunha posible xénese do templo na época sueva sería a existencia de dúas tumbas antropomórficas no adro da igrexa que, os autores anteriormente referidos, datarían de entorno ao século VI.
Atopamos tamén elementos que darían a posibilidade de que houbese un templo de época altomedieval. Entre eles podemos citar, por exemplo, unha cruz entrelazada de canteiro situada enrriba dunha das ventás do presbiterio (http://goo.gl/rFd4l) coma as que atopamos nas igrexas de Santa Susana en Santiago de Compostela ou na de San Vicenzo do Crespón en Boiro. Este tipo de cruces son propias dos gremios de canteiros do medievo. Outro elemento que refrendaría a teoría da existencia dun templo de época altomedieval sería a pila bautismal (http://goo.gl/gxqbZ) cuxa falta de elementos decorativos e o sistema de talla é propio dos primeiros séculos da Idade Media.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Segundo a tradición oral, a auga que corre pola fonte situada no adro da igrexa (http://goo.gl/bgqoL) nacería debaixo do altar e tería propiedades curativas.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
1) MARTÍNEZ MORÁS, Fernando: “La Lápida de San Martín de Churío”. Boletín de la Real Academia Gallega nº 192; p. 297-299. (1927).
Referencia en Internet: http://www.boletin.realacademiagalega.org:8080/boletins-web/paxinas.do?id=630&d-447263-p=1
2) SÁNCHEZ PARDO, José Carlos: “Las iglesias rurales y su papel en la articulación territorial de la Galicia medieval (ss. VI-XIII). Un caso de estudio”. (2010).
Referencia en Internet: http://usc-es.academia.edu/Jos%C3%A9CarlosS%C3%A1nchezPardo/Papers/168507/Las_iglesias_rurales_y_su_papel_en_la_articulacion_territorial_de_la_Galicia_medieval_ss._VI-XIII_._Un_caso_de_estudio
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.25915904906948Lonxitude: -8.079371452331543
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
4 comentarios
adela suma says:
Set 10, 2011
Engadir o enlace á ficha desta igrexa e elementos nas N.S.P. (1994) de Irixoa:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/IRIXOA/documents/0193CA001.pdf
Antonio Martinez Naveira says:
Set 24, 2017
Fui feligres de Curio durante la decada de los años 50 del siglo pasado. Me agradaria hacer un añadido a la exposicion de la riqueza historica de la iglesia. En el muro exterior del atrio, a la izquierda de la puerta principal se encontraban incrustadas en las paredes otras dos tumbas antropomorfas. Aun siendo yo un niño, me preocupe por poner manifiesto su importancia. Durante una de mis estancias en La Coruña, cursando el bachillerato, esas dos tumbas se utilizaron como mortillo para construir los panteones anexos. No recuerdo si fue antes o despues de este dato, pero si puedo asegurar que yo visite esta iglesia acompañado por Don Angel del Castillo y Gumersindo Rey de Castro
Antonio Martinez Naveira says:
Set 25, 2017
He tenido noticias comunicandome que durante aquellas obras los srcofagos que habia en la pared fueron trasladados al atrio. Perfecto. Debemos cuidar mucho nuestros bienes culturales
David says:
Abr 16, 2021
A igrexa está nun estado aceptable. Pero o tellado non ten tellas, soamente uralita, e duas filas de tellas na cabeceira do presbiterio. Por algunha razón quedou a medias. O cal das paredes interiores levanta en varios sitios, e ten moitos signos de humidade. A carcoma ten picado o retablo do Corpo Santo, así como os bancos e o coro (que non sei ata que punto non supón un perigo). Os sarcófagos están en bo estado. A pila bautismal, non sei ata que punto está ben. Está fora, no atrio, de maceta… Non sei ata que punto está protexida coa terra ou está desprotexida… Eu son partidario de volvela a meter dentro da igrexa. Un saúdo.